viernes, 25 de julio de 2014

Pequenos momentos






O pasado mes de xuño celebramos os 87 anos da miña avoa. Casi nada! e hoxe os 82 do meu avó, o que me une algo moi moi especial. Teño claro unha cousa, hai que disfrutar destes pequenos momentos!  Por que sen dúbida, un avó é un avó, e os meus son dos mellores que se pode ter.   Así que... marcho que teño que marchar, que o xantar está a esperar por nós :) 





sábado, 19 de julio de 2014

O final do día....


Hoxe quero compartir dúas cousas: a canción a que lle teño máis agarimo polas lembranzas que me trae cada vez que a escoito, e que sempre me saca un sorriso, e un texto que atopei de casualidade. 






Estas semanas foron desos días nos que tiven os sentimentos a flor de pel. As veces chega un momento nos que creemos que tocamos fondo, que nos sentimos perdidos, que creemos que non levamos o rumbo correcto, e que nos levamos sustos nos que pensas no rápido que poden cambiar as cousas. No meu caso unha serie de acontecementos vividos nestas últimas semanas, leváronme a pensar en cantas veces nos deixamos levar por cousas sen importancia, e non valoramos realmente as pequenas cousas do día a día, do que temos hoxe, e do que quizás mañá non poderemos disfrutar e votaremos de menos.  Nun intre todo pode cambiar

O outro día atopei este texto de casualidade, despois dunha xuntanza de toda a familia,  xuntanza na que disfrutei moitísimo e sobre todo, valorei e agradecín, a sorte que teño da xente que me rodea. E tendo iso, o resto de cousas, eu estou convencida de que non teñen a mínima importancia. 

"O final do día, cando xa termina a túa rutina, todo o que queremos é estar cerca de alguén. Iso de manter as distancias e pretender que non nos importan os demáis, sona a unha gran mentira. Así que escollemos a quen queremos para estar cerca deles. E unha vez que escollemos a esa xente, tendemos a quedarnos cerca. Non importa canta dor lle demos, a xente que segue contigo o final do día, esos son os que vale a pena ter. E claro, as veces, cerca, pode ser demasiado cerca. Pero as veces, esa invasión do espacio personal, pode ser exactamente o que necesitas"

E sen dúbida, vai por TI tamén, que sei que leerás isto.