domingo, 23 de febrero de 2014

Os meus "comezos"....

 O ano pasado decidín experimentar que era iso do Camiño de Santiago. Eu sempre pensei que nunca sería capaz de facer unha viaxe así,  tiña en mente algo pra o que había que estar preparado,  e que non servía calquera.  Pero chegou un momento no que dixen: vou a facelo, necesito vivir esa experiencia.  E así foi. Fixen un, desde Tui hasta Santiago, e poucos meses despois repetín desde Puebla de Sanabria hasta Santiago.  Pero desta experiencia escribirei noutro momento.

A cuestión é que facendo o meu primero Camiño, en Redondela,  redescubrín na biblioteca do albergue (por certo, dos mellores nos que estiven),   un libro da vida de Rosalia de Castro, que lin con outros ollos a como o fixera anos antes na escola.  Seguindo o camiño, e xa en Padrón, fun a casa na que viviu os últimos anos da súa vida, e non axudou a máis que a sumar a curiosidade que Rosalia despertaba en min. Evidentemente a paisaxe das aldeas galegas que tantos recordos me traía,  e a tranquilidade deses días, axudou a que me sentira tan identificada co que escribía.
                      
Canta que te canta, mentras
os corasóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimento me sobra,
anque éste tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora..

Non me espriquéi cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor a patria me afoga.

Xa de volta a miña casa,  unha chea de "casualidades" leváronme a seguir mostrando interés polos escritores galegos, e a buscar información e a relación que entre eles había. Digo "casualidades" por que parece que hasta que realmente estamos interesados en algo non vemos o que temos ó lado. Cerca de donde vivo, tiña a súa casa Manuel Murguía, home de Rosalia. Cerca tamén viviu Emilia Pardo Bazán, hoxe casa- museo, e na Coruña están tamén enterrados Curros Enriquez e Eduardo Pondal. Meses despois en Noia, encontrei de casualidade a casa de María Mariño,  e no vran tamén, en Rianxo,  a casa de Castelao, Rafael Dieste e de Manuel Antonio. En definitiva, o ano pasado foi para min o redescubremento de moita da nosa cultura. Iniciar o camiño de Santiago levoume a seguir coñecendo despois zonas de Galicia nas que non estivera nunca, e que tanto da nosa cultura mostran.  E dalgunhas desas personaxes, e doutras con menos sona,   escribirei esos días....












domingo, 16 de febrero de 2014

Galizien Amerika Linie

Durante 10 anos estiven en varios grupos de baile tradicional galego. E a maior parte deles, uns 8 formando parte de Xacarandaina. Gardo moi bos recordos desa tempada. Moitas actuacións, o recordo de vestir a roupa tradicional que pesaba tantísimo, os zocos, a pandeireta nos ensaios, as mestras, compañeiros, recollidas de premios, nervios antes de saír ó esceario, o sentimento de ilusión, satisfacción, ledicia.  

Xacarandaina pretende ser algo máis que un grupo de folclore tradicional.  Busca a maior pureza e parecido co real da cultura popular galega. De ahí que os espectáculos de Xacarandaina vaian máis alá, e demostren que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquer outro. O que o fai diferente, e que eu recordo da miña experiencia, é o coidado de cada detalle, e a ilusión e implicación de cada membro do grupo a mostrar unhas tradicións das que senten verdadeiro orgullo.
  
O espectáculo Galicien Amerika Linie trata sobre a emigración. Os galegos fomos (e aínda somos) un pobo emigrante , i este espectáculo trata de acercar esa etapa da historia de Galicia e facerlle unha homenaxe a todos os galegos que tiveron que vivir aquel drama. Intenta facernos conscientes da importancia económica e cultural que esas persoas que tiveron que deixar a súa terra a cambio de nada,  tiveron para Galicia, e o agarimo que á súa terra lle amosaron a pesar de todo.



Eu tiven a oportunidade de ver o espectáculo na Coruña, e disfrutei moitísimo. Mestura do tradicional coas novas tecnoloxías, e de moitas sorpresas. Sen lugar a dúbida, un espectáculo moi emotivo e recomendable ó 100%, que nos mostra un pasado da nosa cultura que a crise económica volve a poñer de actualidade.  Aquí vos queda un adianto:




O director e coreógrafo é Henrique Peón. Hoxe domingo 16 de febreiro, actúan en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia as 20:00 horas. 

sábado, 15 de febrero de 2014

Por fin...

Xa levaba moito tempo pensando en facer un blog, e que mellor momento para comezar a escribir que esta tempada que levamos de mal tempo, ou como se di agora de tantas "cicloxénesis explosivas". Levamos casi dous meses de chuvia seguido. Así que grazas a Petra, Stephanie, ou Ruth  comezo a miña experiencia neste blog. Como dirían por ahí,  se chove que chova, que cousas que facer teremos igual.

A idea que teño deste blog e falar e expresarme sobre as cousas do meu entorno que como seguramente moita xente do meu tempo, hoxe en día valora máis que nunca. A idea de A Nosa Aldea é lembrar e dar a coñecer moitas das tradicións da nosa cultura.  Moitos de nós cando eramos cativos, criámonos cos nosos avós e temos recordos que co paso do tempo gardamos con máis agarimo e que valoramos con máis forza. No meu caso, eu nacín na cidade, pero tiven a gran sorte de criarme tamén nunha aldea, onde pasaba gran parte dos vrans, vacacións, e fins de semana, xunto cos meus avós na zona de Cabana de Bergantiños e Ponteceso.  Eu era das que decían na escola: marcho para a miña aldea. Cantos nenos hai agora que xa non saben o que é iso! 

Así que.... imos pra aldea!! Comezamos.