domingo, 23 de febrero de 2014

Os meus "comezos"....

 O ano pasado decidín experimentar que era iso do Camiño de Santiago. Eu sempre pensei que nunca sería capaz de facer unha viaxe así,  tiña en mente algo pra o que había que estar preparado,  e que non servía calquera.  Pero chegou un momento no que dixen: vou a facelo, necesito vivir esa experiencia.  E así foi. Fixen un, desde Tui hasta Santiago, e poucos meses despois repetín desde Puebla de Sanabria hasta Santiago.  Pero desta experiencia escribirei noutro momento.

A cuestión é que facendo o meu primero Camiño, en Redondela,  redescubrín na biblioteca do albergue (por certo, dos mellores nos que estiven),   un libro da vida de Rosalia de Castro, que lin con outros ollos a como o fixera anos antes na escola.  Seguindo o camiño, e xa en Padrón, fun a casa na que viviu os últimos anos da súa vida, e non axudou a máis que a sumar a curiosidade que Rosalia despertaba en min. Evidentemente a paisaxe das aldeas galegas que tantos recordos me traía,  e a tranquilidade deses días, axudou a que me sentira tan identificada co que escribía.
                      
Canta que te canta, mentras
os corasóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimento me sobra,
anque éste tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora..

Non me espriquéi cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor a patria me afoga.

Xa de volta a miña casa,  unha chea de "casualidades" leváronme a seguir mostrando interés polos escritores galegos, e a buscar información e a relación que entre eles había. Digo "casualidades" por que parece que hasta que realmente estamos interesados en algo non vemos o que temos ó lado. Cerca de donde vivo, tiña a súa casa Manuel Murguía, home de Rosalia. Cerca tamén viviu Emilia Pardo Bazán, hoxe casa- museo, e na Coruña están tamén enterrados Curros Enriquez e Eduardo Pondal. Meses despois en Noia, encontrei de casualidade a casa de María Mariño,  e no vran tamén, en Rianxo,  a casa de Castelao, Rafael Dieste e de Manuel Antonio. En definitiva, o ano pasado foi para min o redescubremento de moita da nosa cultura. Iniciar o camiño de Santiago levoume a seguir coñecendo despois zonas de Galicia nas que non estivera nunca, e que tanto da nosa cultura mostran.  E dalgunhas desas personaxes, e doutras con menos sona,   escribirei esos días....












No hay comentarios:

Publicar un comentario