Xa levaba moito tempo pensando en facer un blog, e que mellor momento para comezar a escribir que esta tempada que levamos de mal tempo, ou como se di agora de tantas "cicloxénesis explosivas". Levamos casi dous meses de chuvia seguido. Así que grazas a Petra, Stephanie, ou Ruth comezo a miña experiencia neste blog. Como dirían por ahí, se chove que chova, que cousas que facer teremos igual.
A idea que teño deste blog e falar e expresarme sobre as cousas do meu entorno que como seguramente moita xente do meu tempo, hoxe en día valora máis que nunca. A idea de A Nosa Aldea é lembrar e dar a coñecer moitas das tradicións da nosa cultura. Moitos de nós cando eramos cativos, criámonos cos nosos avós e temos recordos que co paso do tempo gardamos con máis agarimo e que valoramos con máis forza. No meu caso, eu nacín na cidade, pero tiven a gran sorte de criarme tamén nunha aldea, onde pasaba gran parte dos vrans, vacacións, e fins de semana, xunto cos meus avós na zona de Cabana de Bergantiños e Ponteceso. Eu era das que decían na escola: marcho para a miña aldea. Cantos nenos hai agora que xa non saben o que é iso!
Así que.... imos pra aldea!! Comezamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario