Durante 10 anos estiven en varios grupos de baile tradicional galego. E a maior parte deles, uns 8 formando parte de Xacarandaina. Gardo moi bos recordos desa tempada. Moitas actuacións, o recordo de vestir a roupa tradicional que pesaba tantísimo, os zocos, a pandeireta nos ensaios, as mestras, compañeiros, recollidas de premios, nervios antes de saír ó esceario, o sentimento de ilusión, satisfacción, ledicia.
Xacarandaina pretende ser algo máis que un grupo de folclore tradicional. Busca a maior pureza e parecido co real da cultura popular galega. De ahí que os espectáculos de Xacarandaina vaian máis alá, e demostren que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquer outro. O que o fai diferente, e que eu recordo da miña experiencia, é o coidado de cada detalle, e a ilusión e implicación de cada membro do grupo a mostrar unhas tradicións das que senten verdadeiro orgullo.
O espectáculo Galicien Amerika Linie trata sobre a emigración. Os galegos fomos (e aínda somos) un pobo emigrante , i este espectáculo trata de acercar esa etapa da historia de Galicia e facerlle unha homenaxe a todos os galegos que tiveron que vivir aquel drama. Intenta facernos conscientes da importancia económica e cultural que esas persoas que tiveron que deixar a súa terra a cambio de nada, tiveron para Galicia, e o agarimo que á súa terra lle amosaron a pesar de todo.
Eu tiven a oportunidade de ver o espectáculo na Coruña, e disfrutei moitísimo. Mestura do tradicional coas novas tecnoloxías, e de moitas sorpresas. Sen lugar a dúbida, un espectáculo moi emotivo e recomendable ó 100%, que nos mostra un pasado da nosa cultura que a crise económica volve a poñer de actualidade. Aquí vos queda un adianto:
O director e coreógrafo é Henrique Peón. Hoxe domingo 16 de febreiro, actúan en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia as 20:00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario