Fai un tempo, chegou a miña man o libro "Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños ", editado por Xose Manuel Varela Varela. No libro recóllese a vida de cinco artistas cabaneses. Enorme traballo de recuperación cultural da zona de Bergantiños.
Foi así como coñecín a poetisa popular María Baña Varela. En 1998, publicouse a sua obra, " Falaba de ser poeta", editado polo Concello de Cabana, e foi tan ben aceptado que en menos de dous meses, os mil exemplares saídos da imprenta voaron. A labor desta cabanesa está sendo recoñecida cada vez máis. O seu mérito está na súa habilidade para expresar o que pensaba, creando versos que recitaba de memoria, sen o mínimo erro, a familiares, veciños e amigos. Todo isto sen saber ler nin escribir. Ela utilizaba únicamente a súa prodixiosa memoria.
Dicía María,
"eu penso en copla". Dende pequena ela quería compoñer poemas, pero como non podía ir a escola, recitáballos a unha amiga: "
empecei cando eu tiña os meus rapaces por alí, como tódalas rapazas, e escribía cartas. En non sabía escribir, pero tiña unha amiga que escribía ben e xuntábamonos as dúas e eu lle falaba das miñas cousas, todas en copla, e ela escribía" Xa de maior, recitáballos ós seus netos para que copiasen verso a verso. E xa nos últimos anos da súa vida, xa consciente da transcendencia popular que podía ter a súa obra, decide aprender a ler e escribir. Gracias a isto, chegou a deixar unha pequena parte da sua obra escrita (unhas veces en follas de almanaques, otras en follas soltas de cadernos...) Tamén temos parte da sua obra en soporte sonoro coa verdadeira voz da autora.
Maria nace no (desaparecido) lugar de Vilariño, en Cesullas (Cabana de
Bergantiños) o 10 de xaneiro de 1906. Con 12 anos desprázase a vivir a
Neaño, onde transcorre a súa adolescencia como calquera moza do rural
galego: traballaba de humilde xornaleira e polas noites, mentres fiaba
ou "panillaba", escoitaba rexoubeos, contos, refráns, cantigas de
carácter popular.... Esta era a única literatura que tiña ó seu alcance,
ademáis de asistir ás regueifas celebradas nas romarías.
O 17 de maio de 1985, día das Letras Galegas adicado a Antón Losada Diéguez, no colexio público As Revoltas de Cabana de Bergantiños a verdadeira protagonista sería ela. Alí recitaría, coma sempre de memoria, un recital poético. Como anécdota, tivo tanto éxito, que a sacaron a hombros do esceario, como se se tratase dun toureiro. A dirección da escola, galardoouna cunha placa conmemorativa na que se podía ler a seguinda lenda: " A María Baña, a raíña da poesía"
Fun galega e campesina
terriñas que traballei,
e figueiras que plantei
por prados e arroíos.
Paxaros que dormen fóra
fixeron alí os niños.
***
Galicia verde campiña
"tas" rodeada de mare,
direille ós teus emigrantes
que te volvan visitare.
Xente de terras lexanas
ás sombras dos teus pinares,
aquí se vén revolcare.
***
Cumplín os ochenta e catro
e non puden ser poeta.
heredo de pura cepa
e non sei ler unha letra
porque fun filla de probe
e non tiña unha peseta.
Sólo tiña unha casiña,
con lareira e tizóns.
e a pedra dos follados
que deixaron meus avós.
¡Galicia, nosa Galicia!
¡Galicia, bonita terra!
¡con aires de Rosalía
e raíces de María,
xunta dos meus parroquianos,
eu quero enterrarme nela!
María ten a intelixencia e a sabiduría do campesiño galego. Ela fala sobre o seu entorno, a súa familia, a súa Galicia, da que nunca saiu "non troco a nosa galicia por un mundo que non vin...." . O nome de Maria Baña é sinónimo de xuventude de espíritu, de alegría, de poesía.
Chavaliños, chavaliños, atención,
sabés que soy una vieja de humore
porque así viviré más y mejore.
Pero yo he sido joven
y he sido mujer rumbera.
A mi me gustó las rumbas.
Pasé la vida rumbando
por que la vida es sueño,
y entre espinas y rosales
el sueño me está llevando
porque ha llegado la noche,
mi cama me está esperando,
y si me acuesto con humor
domirmé más y mejor.
¡Viva la juventud!
O 17 de febreiro de 1995 morre na súa casa de Neaño.