domingo, 16 de marzo de 2014

"A leiteira da casa". Fase I

Aproveitando o bo fin de semana que estamos a pasar, decidín comezar algo que xa tiña en mente dende facía moito tempo. Lija e pincel na man, empecei a "arranxar" un antigo bidón do leite que tiña a miña avoa. Recoñezo que é algo que me está dando respeto, por que un bidón desas características hoxe en día xa non se utiliza, e non é doado atopar ún. A parte ten un valor sentimental, posto que recordo ben de pequena cando a miña avoa o utilizaba tódolos días. Lémbrome de ir recoller do bidón pola noite unha cunca de leite recén saído da vaca. E ben boa que estaba! Así que a ver como queda restaurado, xa vos irei mostrando a evolución. 

O bidón ou leiteira, encóntrase en moi bo estado. A miña avoa non recorda a data exacta, pero di que está na casa dende polo menos 40 anos. Trátase dun bidón de aluminio, que ela utilizaba únicamente para transportar ó leite.


Fase I: Lijado e capa de imprimación

















¿Que é unha leiteira? Antigamente nas aldeas de Galicia, a maior parte dos labregos que tiñan vacas, consumían leite para o seu propio consumo familiar, consumíndose a maior parte cruda ou hervida. Eran as leiteiras as que tódolos días se desprazaban co leite das súas propias vacas ou dos veciños ás vilas ou cidades para vendelo. 

Ano 1964
Co "arriba que xa pasaron as leiteiras", comezaba o día nas casas galegas. Xa que as leiteiras ademáis de repartir o leite recén saído da vaca, actuaban a modo despertador e noticieiro, xa que sempre levaban algún conto ou novidade da zona. Moitos recordarán "aquela muller tan entrañable que sempre ía vestida de negro, e cun pano na cabeza, imaxe típica da muller de campo galega. Recoñecíase fácilmente por que levaba un recipiente con leite, leite das vacas da casa. Ese recipiente chamábase "leiteira" 

Na leiteira que estou a pintar aínda se pode distinguir a marca LEYMA, como se pode apreciar na fotografía. Esta central coruñesa comezou a vender o seu leite pasteurizado no ano 1962. 

Como curiosidade, cando Leyma comezou a súa actividade, para convencer ós consumidores da superioridade do leite pasteurizado, atacaba ó leite crudo que a xente hervía nas aldeas para acabar con microbios e para facela máis duradeira.

Deste modo o leite crudo e as leiteiras foron quedando excluídas ó ámbito rural. Hoxe en día é un oficio que case está no olvido, pero sen lugar a dúbida, a figura da leiteira é un simbolo moi importante da nosa cultura. De feito a casa da miña avoa coñécese como a "casa da leiteira", debido a miña bisavoa,  e aínda hoxe en día hai xente que nos conoce así. Así que, aínda que hoxe en día non utilicemos as leiteiras como recipiente para transportar o leite, debemos valorar e rescatar esas tradicións que construíron a maneira de ser e o carácter dos galegos, e unha forma de facelo é restaurando e coidando estes pequenos, para min, tesouros.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario