domingo, 9 de marzo de 2014

Virxilio Viéitez. Retrato da Galicia rural dos anos 50.

VIRXILIO VIÉITEZ naceu en Soutelo de Montes no municipio pontevedrés de Forcarei, no ano 1930. Comenzou a traballar na construcción, e con 16 anos  emigrou a Cataluña para mellorar as súas condicións de vida. Comezou a traballar de fotógrafo na Costa Brava facendo retratos de turistas. No1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico no seu pobo natal, polo que tivo a ocasión de retratar a moitas xeneracións de veciños da Terra de Montes.

O tema fundamental na súa obra son os retratos. Podense ver a nenos con xoguetes novos, retratos de reunións familiares, vodas, comunións e incluso funerais. Cada imaxe conta unha historia, e observando as súas fotografías temos testimonio gráfico único dos acontecemenos que se viviron en Galicia entre os anos 50 e 70. Testimonio da vida cotiá nas aldeas, das xentes, da cultura galega.

Nai que rodea cos brazos unha radio. O seu fillo lla mandara de América e quería ter unha proba de que chegara.
Si hai un feito histórico que marcou a vida e obra de Virxilio Viéitez é a emigración. Él mesmo conta nun documental sobre a súa vida que cando naciu, o seu pai estaba emigrado en Estados Unidos, posteriormente marchou él a Francia e nunca o chegou a coñecer. 





Gústaballe colocar como fondo dos seus retratos un daqueles grandes coches que compraron os emigrantes retornados de América con cartos.




Nos anos 80 deixou o oficio e gardou tódolos seus negativos e contactos en caixas. Non quería recoñecementos, e sería a súa filla, Keta Vieitez,  herdeira do estudio, quen ensinará o material gardado polo seu pai. Así, nos anos 90 a súa obra foi revalorizada,  protagonizando a representación da fotografía galega na VIII edición de la Fotobienal de Vigo en 1998 e despois no Museo de Arte Contemporánea MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición "150 años de fotografía en España" seleccionada por Publio López Mondéjar que estivo na Coruña e Ourense,  e na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, Ámsterdam e Nova York. 

O fotógrafo morre no mesmo pobo no que naciu, o 15 de xullo do ano 2008.
 
Se vos gustan as fotografías de Viéitez, ou queredes ver outras fotos do século pasado de Galicia, podedes velas en  Fotos antigas Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario