Entrada escrita o 04-04-2014 e que quedou no borrador, que sorriso ...
Vou contar unha anécdota que me pasou co meu avó fai unhas semanas. É curioso ver como forman parte da nosa rutina, e como xa temos a costume de utilizar moitos obxetos nos que fai anos era imposible pensar. Nesta ocasión estou a falar dos ordenadores, teléfonos móbiles e facebook, wasap,.. e o que tanta tecnoloxía implica no noso día a día.
Vou contar unha anécdota que me pasou co meu avó fai unhas semanas. É curioso ver como forman parte da nosa rutina, e como xa temos a costume de utilizar moitos obxetos nos que fai anos era imposible pensar. Nesta ocasión estou a falar dos ordenadores, teléfonos móbiles e facebook, wasap,.. e o que tanta tecnoloxía implica no noso día a día.
Eu nacín nos anos 80, pero recordo cando na aldea aínda non había teléfono e non tiñamos ningún medio de comunicación directo para comunicarnos cos nosos avós. Moitas veces penso no difícil que tivo que ser para os meus pais vir á cidade e non poder falar coa súa familia ata que chegara a fin de semana, ou cando tiveran ocasión de ir a casa dos seus pais. Hoxe en día, a maior parte de nós estamos en contacto directo coa familia ou amigos varias veces ó día.
Anos máis tarde, un veciño foi o primeiro en ter teléfono. Xa tíñamos a oportunidade de chamar a ese veciño para que fora a avisar ós meus avós. Un gran avance!!!
O mesmo coa televisión. Miña avoa sempre di que lembra cando chegou a primeira televisión a aldea. Foi un veciño quen a mercou, e lembran que se xuntaban tódolos veciños para ver polas noites esa televisión en branco en negro. Que ben o pasaban co programa 1, 2, 3... din !!. Hoxe en día xa temos 3 ou 4 televisores en cada casa.
Algunha vez escoiteille o meu outro avó, que os grandes avances da época para él foran o teléfono e o televisor. Cun teléfono na casa tiñas moita seguridade e tranquilidade, e cun televisor unha distracción e información a diario (o primeiro que facía él pola mañá e a noite antes de cear era ler e reler o teletexto). Non me podo nin imaxinar se tivera a oportunidade de utilizar internet!!
Pois fai unhas semanas, tiven unha entrañable conversación con meu avó co tema do Facebook e Internet. Meu avó ten unha irmá que emigrou a Brasil fai moitísimos anos. Él sempre lle tivo un agarimo especial, ela é a pequena de 7 irmáns e se non me lembro mal, marchou sendo moi cativa, con 16 anos soamente. Pois aproveitando o facebook, ensineille fotos recentes da irmá, da súa filla e netos. A cara de ilusión que se lle puxo sacoume un sorriso a min tamén. Imaxinade para unha persoa que non ten o costume destas tecnoloxías o sorprendente que pode ser.
- Pero que bos mozos están ¿pero eles saben que os estamos a ver?
- Sí avó, son fotos que eles sacan, e que despois nos queren ensinar a toda a familia.
- (en relación a unha foto na que están sentados nunha mesa): ¿pero iso é que están a comer agora mesmo? ¿eles tamén nos están a ver agora?
- (en relación a unha foto na que están sentados nunha mesa): ¿pero iso é que están a comer agora mesmo? ¿eles tamén nos están a ver agora?
Cometín o erro de querer explicarllo tan "sinxelo" que o compliquei máis: "agora con internet e cos móbiles, podemos ver unha chea de cousas; podes ler o xornal, ver o tempo para saber se chove mañá, ti podes sacar fotos e ensiñarllas ó momento a quen queiras ou escribirlles para contarlle calqueira cousa. Pero soamente podes facer todo iso se tes o número de teléfono do outro grabado no teléfono"
Xa pasadas unhas horas notei que estaba a cavilar moito. De súpeto dime: " pero con iso de internet ... ti dis que hai que ter o número do outro para ver todo iso... pero túa nai sempre sabe si morre alguén en que tanatorio está e donde é o enterro. Ti estás segura de que é así? por que ela sabe todo iso e non creo que teña o teléfono de tódolos mortos... "