O pasado mes de xuño celebramos os 87 anos da miña avoa. Casi nada! e hoxe os 82 do meu avó, o que me une algo moi moi especial. Teño claro unha cousa, hai que disfrutar destes pequenos momentos! Por que sen dúbida, un avó é un avó, e os meus son dos mellores que se pode ter. Así que... marcho que teño que marchar, que o xantar está a esperar por nós :)
viernes, 25 de julio de 2014
Pequenos momentos
O pasado mes de xuño celebramos os 87 anos da miña avoa. Casi nada! e hoxe os 82 do meu avó, o que me une algo moi moi especial. Teño claro unha cousa, hai que disfrutar destes pequenos momentos! Por que sen dúbida, un avó é un avó, e os meus son dos mellores que se pode ter. Así que... marcho que teño que marchar, que o xantar está a esperar por nós :)
sábado, 19 de julio de 2014
O final do día....
Hoxe quero compartir dúas cousas: a canción a que lle teño máis agarimo polas lembranzas que me trae cada vez que a escoito, e que sempre me saca un sorriso, e un texto que atopei de casualidade.
Estas semanas foron desos días nos que tiven os sentimentos a flor de pel. As veces chega un momento nos que creemos que tocamos fondo, que nos sentimos perdidos, que creemos que non levamos o rumbo correcto, e que nos levamos sustos nos que pensas no rápido que poden cambiar as cousas. No meu caso unha serie de acontecementos vividos nestas últimas semanas, leváronme a pensar en cantas veces nos deixamos levar por cousas sen importancia, e non valoramos realmente as pequenas cousas do día a día, do que temos hoxe, e do que quizás mañá non poderemos disfrutar e votaremos de menos. Nun intre todo pode cambiar.
O outro día atopei este texto de casualidade, despois dunha xuntanza de toda a familia, xuntanza na que disfrutei moitísimo e sobre todo, valorei e agradecín, a sorte que teño da xente que me rodea. E tendo iso, o resto de cousas, eu estou convencida de que non teñen a mínima importancia.
"O final do día, cando xa termina a túa rutina, todo o que queremos é estar cerca de alguén. Iso de manter as distancias e pretender que non nos importan os demáis, sona a unha gran mentira. Así que escollemos a quen queremos para estar cerca deles. E unha vez que escollemos a esa xente, tendemos a quedarnos cerca. Non importa canta dor lle demos, a xente que segue contigo o final do día, esos son os que vale a pena ter. E claro, as veces, cerca, pode ser demasiado cerca. Pero as veces, esa invasión do espacio personal, pode ser exactamente o que necesitas"
"O final do día, cando xa termina a túa rutina, todo o que queremos é estar cerca de alguén. Iso de manter as distancias e pretender que non nos importan os demáis, sona a unha gran mentira. Así que escollemos a quen queremos para estar cerca deles. E unha vez que escollemos a esa xente, tendemos a quedarnos cerca. Non importa canta dor lle demos, a xente que segue contigo o final do día, esos son os que vale a pena ter. E claro, as veces, cerca, pode ser demasiado cerca. Pero as veces, esa invasión do espacio personal, pode ser exactamente o que necesitas"
E sen dúbida, vai por TI tamén, que sei que leerás isto.
viernes, 28 de marzo de 2014
Din que non falan as plantas....
Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
-Aí vai a tola soñando
coa eterna primavera da vida e dos campos,
e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,
e ve tremendo, atericida, que cobre a xeada o prado.
-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,
mais eu prosigo soñando, pobre, incurable somnámbula,
coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e as almas,
aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.
domingo, 16 de marzo de 2014
"A leiteira da casa". Fase I
Aproveitando o bo fin de semana que estamos a pasar, decidín comezar algo que xa tiña en mente dende facía moito tempo. Lija e pincel na man, empecei a "arranxar" un antigo bidón do leite que tiña a miña avoa. Recoñezo que é algo que me está dando respeto, por que un bidón desas características hoxe en día xa non se utiliza, e non é doado atopar ún. A parte ten un valor sentimental, posto que recordo ben de pequena cando a miña avoa o utilizaba tódolos días. Lémbrome de ir recoller do bidón pola noite unha cunca de leite recén saído da vaca. E ben boa que estaba! Así que a ver como queda restaurado, xa vos irei mostrando a evolución.
O bidón ou leiteira, encóntrase en moi bo estado. A miña avoa non recorda a data exacta, pero di que está na casa dende polo menos 40 anos. Trátase dun bidón de aluminio, que ela utilizaba únicamente para transportar ó leite.
¿Que é unha leiteira? Antigamente nas aldeas de Galicia, a maior parte dos labregos que tiñan vacas, consumían leite para o seu propio consumo familiar, consumíndose a maior parte cruda ou hervida. Eran as leiteiras as que tódolos días se desprazaban co leite das súas propias vacas ou dos veciños ás vilas ou cidades para vendelo.
![]() |
Ano 1964 |
Co "arriba que xa pasaron as leiteiras", comezaba o día nas casas galegas. Xa que as leiteiras ademáis de repartir o leite recén saído da vaca, actuaban a modo despertador e noticieiro, xa que sempre levaban algún conto ou novidade da zona. Moitos recordarán "aquela muller tan entrañable que sempre ía vestida de negro, e cun pano na cabeza, imaxe típica da muller de campo galega. Recoñecíase fácilmente por que levaba un recipiente con leite, leite das vacas da casa. Ese recipiente chamábase "leiteira"
Na leiteira que estou a pintar aínda se pode distinguir a marca LEYMA, como se pode apreciar na fotografía. Esta central coruñesa comezou a vender o seu leite pasteurizado no ano 1962.
Como curiosidade, cando Leyma comezou a súa actividade, para convencer ós consumidores da superioridade do leite pasteurizado, atacaba ó leite crudo que a xente hervía nas aldeas para acabar con microbios e para facela máis duradeira.
Deste modo o leite crudo e as leiteiras foron quedando excluídas ó ámbito rural. Hoxe en día é un oficio que case está no olvido, pero sen lugar a dúbida, a figura da leiteira é un simbolo moi importante da nosa cultura. De feito a casa da miña avoa coñécese como a "casa da leiteira", debido a miña bisavoa, e aínda hoxe en día hai xente que nos conoce así. Así que, aínda que hoxe en día non utilicemos as leiteiras como recipiente para transportar o leite, debemos valorar e rescatar esas tradicións que construíron a maneira de ser e o carácter dos galegos, e unha forma de facelo é restaurando e coidando estes pequenos, para min, tesouros.
domingo, 9 de marzo de 2014
Virxilio Viéitez. Retrato da Galicia rural dos anos 50.
VIRXILIO VIÉITEZ naceu en Soutelo de Montes no municipio pontevedrés
de Forcarei, no ano 1930. Comenzou a traballar na construcción, e con 16 anos
emigrou a Cataluña para mellorar as súas condicións de vida. Comezou a traballar de fotógrafo na Costa Brava facendo retratos de
turistas. No1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudio
fotográfico no seu pobo natal, polo que tivo a ocasión de retratar a
moitas xeneracións de veciños da Terra de Montes.
O tema fundamental na súa obra son os retratos. Podense ver a nenos con xoguetes novos, retratos de reunións familiares, vodas, comunións e incluso funerais. Cada imaxe conta unha historia, e observando as súas fotografías temos testimonio gráfico único dos acontecemenos que se viviron en Galicia entre os anos 50 e 70. Testimonio da vida cotiá nas aldeas, das xentes, da cultura galega.
![]() |
Nai que rodea cos brazos unha radio. O seu fillo lla mandara de América e quería ter unha proba de que chegara. |
Si hai un feito histórico que marcou a vida e obra de Virxilio Viéitez é a emigración. Él mesmo conta nun documental sobre a súa vida que cando naciu, o seu pai estaba emigrado en Estados Unidos, posteriormente marchou él a Francia e nunca o chegou a coñecer.
Gústaballe colocar como fondo dos seus retratos un daqueles grandes coches que compraron os emigrantes retornados de América con cartos.
Nos anos 80 deixou o oficio e gardou tódolos seus negativos e contactos en caixas. Non quería recoñecementos, e sería a súa filla, Keta Vieitez, herdeira do estudio, quen ensinará o material gardado polo seu pai. Así, nos anos 90 a súa obra foi revalorizada, protagonizando a representación
da fotografía galega na VIII edición de la Fotobienal de Vigo en 1998 e despois no Museo de Arte Contemporánea MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición "150 años de fotografía en España" seleccionada por Publio López Mondéjar que estivo na Coruña e Ourense, e na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, Ámsterdam e Nova York.
O fotógrafo morre no mesmo pobo no que naciu, o 15 de xullo do ano 2008.
O fotógrafo morre no mesmo pobo no que naciu, o 15 de xullo do ano 2008.
Se vos gustan as fotografías de Viéitez, ou queredes ver outras fotos do século pasado de Galicia, podedes velas en Fotos antigas Galicia
sábado, 8 de marzo de 2014
O zoco galego. Tradición e modernidade.
Lémbrome do ruido dos meus avós ó andar cos zocos postos de aquí pra
acolá. Dende pola mañá, ata o noite, non os quitaban dos pés. Lémbrome
dos momentos ó anoitecer, nos que despois dun día de traballo, se sentaban na lareira, e se quitaban
os zocos na "cociña vella". Era o fin do día para eles. A min parecíame
incrible que con tanto peso nos pés poideran aguantar todo o día, pero como
dicían eles: sen uns bos zocos non facemos nada!!!
Curiosamente hoxe, nesas tardes de chuvia ó carón da cociña de leña que tanto me gustan, falamos dos zocos. Dicía meu padriño: "antes o zoco utilizábase por necesidá, hoxe en día é un luxo". E canta razón tiña. Como falarei despois, dispor duns zocos era doado, pero duns zapatos xa non era tanto. Nas aldeas non había onde mercalos, e a opción era encargar uns ó zapateiro, pero era máis custoso. De ahí que os zocos se utilizaran no traballo do día a día, e os zapatos, (quen os puidera ter) reservábanse para calzar nos domingos ou días de festa. Dicía miña abuela: "cando eu era moza, e iamos as festas, durante o camiño levábamos postos os zocos, e cando chegabamos o lugar da festa, gardábamolos e poñíamos os zapatos. Nunha ocasión as miñas compañeiras máis eu, deixámolos todos xuntos entre unhas silvas, e cando acabou a festa e fomos por eles non estaban. Un veciño nolos roubara! Fomos contra él e menos mal que ó final os atopamos, se non a ver como volviamos pra casa ..."
Ata mediados do século XIX a xente das aldeas galegas utilizaba calzado de madeira para resgardar os pés da auga ou da humidade mentres andaba por fóra traballando. Naquela época as estradas e camiños non eran o que son hoxe en día, co cal tanto para traballar, como para desprazarse, un calzado desas características era o máis útil e empregado.
¿Quen facía os zocos? Moitas veces eran os mesmos campesiños os que se adicaban a facelos para sí e para a súa familia, compaxinando coas tareas da casa, agrícolas e gandeiras. Pero a figura do zoqueiro tivo moita importancia en Galicia. Dise que o zoqueiro ía "zoquear" a casa do cliente desprazándose a pé coas ferramentas necesarias, e axustábase un xornal pola cantidade de pezas a facer, correndo a conta do cliente a almorzo, comida e cea. O zoqueiro tanto arranxaba os usados, como facía novos a medida, ou ben vendía os que traía xa feitos.
Curiosamente hoxe, nesas tardes de chuvia ó carón da cociña de leña que tanto me gustan, falamos dos zocos. Dicía meu padriño: "antes o zoco utilizábase por necesidá, hoxe en día é un luxo". E canta razón tiña. Como falarei despois, dispor duns zocos era doado, pero duns zapatos xa non era tanto. Nas aldeas non había onde mercalos, e a opción era encargar uns ó zapateiro, pero era máis custoso. De ahí que os zocos se utilizaran no traballo do día a día, e os zapatos, (quen os puidera ter) reservábanse para calzar nos domingos ou días de festa. Dicía miña abuela: "cando eu era moza, e iamos as festas, durante o camiño levábamos postos os zocos, e cando chegabamos o lugar da festa, gardábamolos e poñíamos os zapatos. Nunha ocasión as miñas compañeiras máis eu, deixámolos todos xuntos entre unhas silvas, e cando acabou a festa e fomos por eles non estaban. Un veciño nolos roubara! Fomos contra él e menos mal que ó final os atopamos, se non a ver como volviamos pra casa ..."
Ata mediados do século XIX a xente das aldeas galegas utilizaba calzado de madeira para resgardar os pés da auga ou da humidade mentres andaba por fóra traballando. Naquela época as estradas e camiños non eran o que son hoxe en día, co cal tanto para traballar, como para desprazarse, un calzado desas características era o máis útil e empregado.
¿Quen facía os zocos? Moitas veces eran os mesmos campesiños os que se adicaban a facelos para sí e para a súa familia, compaxinando coas tareas da casa, agrícolas e gandeiras. Pero a figura do zoqueiro tivo moita importancia en Galicia. Dise que o zoqueiro ía "zoquear" a casa do cliente desprazándose a pé coas ferramentas necesarias, e axustábase un xornal pola cantidade de pezas a facer, correndo a conta do cliente a almorzo, comida e cea. O zoqueiro tanto arranxaba os usados, como facía novos a medida, ou ben vendía os que traía xa feitos.
O traballo do zoqueiro consistía en facer "paus de chancas" que despois vendía ós zapateiros para cubrilos de coiro, dando logar os "zocos", que se empleaban no sur da Coruña, Pontevedra e Ourense, por ter un clima máis seco. As "zocas", que son totalmente de madeira, feitas ducha soa peza, usábanse na provincia de Lugo e norte da Coruña, por ser un clima máis húmedo. Con anterioridade ó ano 1960, éste era o tipo de calzado que usaba o 90% dos galegos da zona rural
![]() |
Zocas |
![]() |
Zocos |
Hoxe en día aínda hai artesáns que con paciencia e adicación seguen a facer pares deste calzado de madeira. Normalmente para feiras de antiguedades, como recordo para ter na casa de exemplo de historia galega, algúns agricultores, e sobre todo grupos de baile tradicional. Especial mención:
- Elena Ferro. Merza (Vila de Cruces) . http://www.elenaferro.com/
É unha das poucas mulleres zoqueiras que quedan en Galicia. Pertence a unha familia de zoqueiros, pero mentres o seu avó e pai facían zocos para as labores do campo, ela aposta por algo más arriscado e innovador. Mestura o tradicional co moderno: zocos de pel en cor natural, verdes, azules, vermellos, a raias, de cebra, xirafa... Foi a pioneira no diseño deste calzado. Ela e a súa familia comercializan baixo a marca Eferro.
- Alberto Geada. Mondoñedo (Lugo). http://albertogeada.com/
É un mozo de Alfoz (Lugo) que trata de conservar a artesanía tradicional dos zoqueiros. Di que ‘as zocas galegas son o pasado, o presente e o futuro do calzado’. As súas zocas están en pasarelas de moda, en teatros, e forman parte dos fondos dalgúns museos. Foi tamén o encargado de elaborar o calzado para a película " A Esmorga".
Ó marxe do deseño, Geada defende os zocos como «o calzado máis ecolóxico que hai e o mellor para o medio rural». Pero, ademais, avoga polo uso beneficioso para a saúde.
- Sole Morais. 50solesmas. Betanzos ( A Coruña).
Tradición en zocos personalizados. Puntualizar que neste caso non é zoqueira. Os zocos elabóraos Elena Ferro no seu taller familiar de A Merza, en Pontevedra, e ela personalízaos e dalle vida, despois de analizar a persoa que o vai a calzar.
- Zoclos Artesanía- Sigüeiro - Santiago de Compostela
Eva Maria Carreira e Luis Millán teñen varios comercios de zapatería e reparacións. A maior parte dos diseños son por encargo. A súa base de operacións está en Sigüeiro, pero teñen otro comercio en Santiago cerca da praza de Abastos.
Estes días ando na busca dun par deles. Por unha parte, quero ter uns pra gardar polos recordos que me trae e polo símbolo de tradición da nosa cultura. Por outro lado, con este ano de tanta cicloxénese, se cadra é o mellor calzando de verdade pros meus pés. A ver se consigo uns ó meu xeito. Xa vos contarei. Xa estou pensando no que dirá a miña avoa cando mos vexa: "Os tempos dantes volven, xa che dicía eu que os tiñas que comprar fai ben tempo pra ir traballare! "
sábado, 1 de marzo de 2014
María Baña Varela
Fai un tempo, chegou a miña man o libro "Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños ", editado por Xose Manuel Varela Varela. No libro recóllese a vida de cinco artistas cabaneses. Enorme traballo de recuperación cultural da zona de Bergantiños.
Foi así como coñecín a poetisa popular María Baña Varela. En 1998, publicouse a sua obra, " Falaba de ser poeta", editado polo Concello de Cabana, e foi tan ben aceptado que en menos de dous meses, os mil exemplares saídos da imprenta voaron. A labor desta cabanesa está sendo recoñecida cada vez máis. O seu mérito está na súa habilidade para expresar o que pensaba, creando versos que recitaba de memoria, sen o mínimo erro, a familiares, veciños e amigos. Todo isto sen saber ler nin escribir. Ela utilizaba únicamente a súa prodixiosa memoria.
Dicía María, "eu penso en copla". Dende pequena ela quería compoñer poemas, pero como non podía ir a escola, recitáballos a unha amiga: " empecei cando eu tiña os meus rapaces por alí, como tódalas rapazas, e escribía cartas. En non sabía escribir, pero tiña unha amiga que escribía ben e xuntábamonos as dúas e eu lle falaba das miñas cousas, todas en copla, e ela escribía" Xa de maior, recitáballos ós seus netos para que copiasen verso a verso. E xa nos últimos anos da súa vida, xa consciente da transcendencia popular que podía ter a súa obra, decide aprender a ler e escribir. Gracias a isto, chegou a deixar unha pequena parte da sua obra escrita (unhas veces en follas de almanaques, otras en follas soltas de cadernos...) Tamén temos parte da sua obra en soporte sonoro coa verdadeira voz da autora.
Dicía María, "eu penso en copla". Dende pequena ela quería compoñer poemas, pero como non podía ir a escola, recitáballos a unha amiga: " empecei cando eu tiña os meus rapaces por alí, como tódalas rapazas, e escribía cartas. En non sabía escribir, pero tiña unha amiga que escribía ben e xuntábamonos as dúas e eu lle falaba das miñas cousas, todas en copla, e ela escribía" Xa de maior, recitáballos ós seus netos para que copiasen verso a verso. E xa nos últimos anos da súa vida, xa consciente da transcendencia popular que podía ter a súa obra, decide aprender a ler e escribir. Gracias a isto, chegou a deixar unha pequena parte da sua obra escrita (unhas veces en follas de almanaques, otras en follas soltas de cadernos...) Tamén temos parte da sua obra en soporte sonoro coa verdadeira voz da autora.
Maria nace no (desaparecido) lugar de Vilariño, en Cesullas (Cabana de
Bergantiños) o 10 de xaneiro de 1906. Con 12 anos desprázase a vivir a
Neaño, onde transcorre a súa adolescencia como calquera moza do rural
galego: traballaba de humilde xornaleira e polas noites, mentres fiaba
ou "panillaba", escoitaba rexoubeos, contos, refráns, cantigas de
carácter popular.... Esta era a única literatura que tiña ó seu alcance,
ademáis de asistir ás regueifas celebradas nas romarías.
O 17 de maio de 1985, día das Letras Galegas adicado a Antón Losada Diéguez, no colexio público As Revoltas de Cabana de Bergantiños a verdadeira protagonista sería ela. Alí recitaría, coma sempre de memoria, un recital poético. Como anécdota, tivo tanto éxito, que a sacaron a hombros do esceario, como se se tratase dun toureiro. A dirección da escola, galardoouna cunha placa conmemorativa na que se podía ler a seguinda lenda: " A María Baña, a raíña da poesía"
Fun galega e campesina
terriñas que traballei,
e figueiras que plantei
por prados e arroíos.
Paxaros que dormen fóra
fixeron alí os niños.
***
Galicia verde campiña
"tas" rodeada de mare,
direille ós teus emigrantes
que te volvan visitare.
Xente de terras lexanas
ás sombras dos teus pinares,
aquí se vén revolcare.
***
Cumplín os ochenta e catro
e non puden ser poeta.
heredo de pura cepa
e non sei ler unha letra
porque fun filla de probe
e non tiña unha peseta.
Sólo tiña unha casiña,
con lareira e tizóns.
e a pedra dos follados
que deixaron meus avós.
¡Galicia, nosa Galicia!
¡Galicia, bonita terra!
¡con aires de Rosalía
e raíces de María,
xunta dos meus parroquianos,
eu quero enterrarme nela!
María ten a intelixencia e a sabiduría do campesiño galego. Ela fala sobre o seu entorno, a súa familia, a súa Galicia, da que nunca saiu "non troco a nosa galicia por un mundo que non vin...." . O nome de Maria Baña é sinónimo de xuventude de espíritu, de alegría, de poesía.
Chavaliños, chavaliños, atención,
sabés que soy una vieja de humore
porque así viviré más y mejore.
Pero yo he sido joven
y he sido mujer rumbera.
A mi me gustó las rumbas.
Pasé la vida rumbando
por que la vida es sueño,
y entre espinas y rosales
el sueño me está llevando
porque ha llegado la noche,
mi cama me está esperando,
y si me acuesto con humor
domirmé más y mejor.
¡Viva la juventud!
O 17 de febreiro de 1995 morre na súa casa de Neaño.
domingo, 23 de febrero de 2014
Os meus "comezos"....
O ano pasado decidín experimentar que era iso do Camiño de Santiago. Eu sempre pensei que nunca sería capaz de facer unha viaxe así, tiña en mente algo pra o que había que estar preparado, e que non servía calquera. Pero chegou un momento no que dixen: vou a facelo, necesito vivir esa experiencia. E así foi. Fixen un, desde Tui hasta Santiago, e poucos meses despois repetín desde Puebla de Sanabria hasta Santiago. Pero desta experiencia escribirei noutro momento.
A cuestión é que facendo o meu primero Camiño, en Redondela, redescubrín na biblioteca do albergue (por certo, dos mellores nos que estiven), un libro da vida de Rosalia de Castro, que lin con outros ollos a como o fixera anos antes na escola. Seguindo o camiño, e xa en Padrón, fun a casa na que viviu os últimos anos da súa vida, e non axudou a máis que a sumar a curiosidade que Rosalia despertaba en min. Evidentemente a paisaxe das aldeas galegas que tantos recordos me traía, e a tranquilidade deses días, axudou a que me sentira tan identificada co que escribía.
Canta que te canta, mentras
os corasóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimento me sobra,
anque éste tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora..
Non me espriquéi cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor a patria me afoga.
Xa de volta a miña casa, unha chea de "casualidades" leváronme a seguir mostrando interés polos escritores galegos, e a buscar información e a relación que entre eles había. Digo "casualidades" por que parece que hasta que realmente estamos interesados en algo non vemos o que temos ó lado. Cerca de donde vivo, tiña a súa casa Manuel Murguía, home de Rosalia. Cerca tamén viviu Emilia Pardo Bazán, hoxe casa- museo, e na Coruña están tamén enterrados Curros Enriquez e Eduardo Pondal. Meses despois en Noia, encontrei de casualidade a casa de María Mariño, e no vran tamén, en Rianxo, a casa de Castelao, Rafael Dieste e de Manuel Antonio. En definitiva, o ano pasado foi para min o redescubremento de moita da nosa cultura. Iniciar o camiño de Santiago levoume a seguir coñecendo despois zonas de Galicia nas que non estivera nunca, e que tanto da nosa cultura mostran. E dalgunhas desas personaxes, e doutras con menos sona, escribirei esos días....
domingo, 16 de febrero de 2014
Galizien Amerika Linie
Durante 10 anos estiven en varios grupos de baile tradicional galego. E a maior parte deles, uns 8 formando parte de Xacarandaina. Gardo moi bos recordos desa tempada. Moitas actuacións, o recordo de vestir a roupa tradicional que pesaba tantísimo, os zocos, a pandeireta nos ensaios, as mestras, compañeiros, recollidas de premios, nervios antes de saír ó esceario, o sentimento de ilusión, satisfacción, ledicia.
Xacarandaina pretende ser algo máis que un grupo de folclore tradicional. Busca a maior pureza e parecido co real da cultura popular galega. De ahí que os espectáculos de Xacarandaina vaian máis alá, e demostren que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquer outro. O que o fai diferente, e que eu recordo da miña experiencia, é o coidado de cada detalle, e a ilusión e implicación de cada membro do grupo a mostrar unhas tradicións das que senten verdadeiro orgullo.
O espectáculo Galicien Amerika Linie trata sobre a emigración. Os galegos fomos (e aínda somos) un pobo emigrante , i este espectáculo trata de acercar esa etapa da historia de Galicia e facerlle unha homenaxe a todos os galegos que tiveron que vivir aquel drama. Intenta facernos conscientes da importancia económica e cultural que esas persoas que tiveron que deixar a súa terra a cambio de nada, tiveron para Galicia, e o agarimo que á súa terra lle amosaron a pesar de todo.
Eu tiven a oportunidade de ver o espectáculo na Coruña, e disfrutei moitísimo. Mestura do tradicional coas novas tecnoloxías, e de moitas sorpresas. Sen lugar a dúbida, un espectáculo moi emotivo e recomendable ó 100%, que nos mostra un pasado da nosa cultura que a crise económica volve a poñer de actualidade. Aquí vos queda un adianto:
O director e coreógrafo é Henrique Peón. Hoxe domingo 16 de febreiro, actúan en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia as 20:00 horas.
sábado, 15 de febrero de 2014
Por fin...
Xa levaba moito tempo pensando en facer un blog, e que mellor momento para comezar a escribir que esta tempada que levamos de mal tempo, ou como se di agora de tantas "cicloxénesis explosivas". Levamos casi dous meses de chuvia seguido. Así que grazas a Petra, Stephanie, ou Ruth comezo a miña experiencia neste blog. Como dirían por ahí, se chove que chova, que cousas que facer teremos igual.
A idea que teño deste blog e falar e expresarme sobre as cousas do meu entorno que como seguramente moita xente do meu tempo, hoxe en día valora máis que nunca. A idea de A Nosa Aldea é lembrar e dar a coñecer moitas das tradicións da nosa cultura. Moitos de nós cando eramos cativos, criámonos cos nosos avós e temos recordos que co paso do tempo gardamos con máis agarimo e que valoramos con máis forza. No meu caso, eu nacín na cidade, pero tiven a gran sorte de criarme tamén nunha aldea, onde pasaba gran parte dos vrans, vacacións, e fins de semana, xunto cos meus avós na zona de Cabana de Bergantiños e Ponteceso. Eu era das que decían na escola: marcho para a miña aldea. Cantos nenos hai agora que xa non saben o que é iso!
Así que.... imos pra aldea!! Comezamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)